En execución da Orde do 11 de agosto do 2011 os conceptos subvencionables, según modalidades de subvención, son os seguintes:
3.1.- As entidades colaboradoras estan obrigadas a ofertar os bens subvencionables nas condicións técnicas e atendendo aos importes máximos establecidos na orde de convocatoria.
3.2.- Cada unha das subvencións acadará o 70% do importe do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade neste convenio e na orde de convocatoria. Non se considerará subvencionable o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo/a beneficiario/a, polo que a porcentaxe de subvención enténdese aplícable sobre a base impoñible.
Os/As solicitantes poderan optar a unha ou varias das 5 modalidades de subvencións que se recollen na orde e no presente convenio, coas exclusións e condicións establecidas para cadansúa no apartado 3.3 desta cláusula, non podendo en ningún caso superar polo conxunto de subvencións ás que concurra o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 € (IVE excluido), o que equivale a un límite máximo de subvención de 1.500 euros por beneficiario/a.
En todo caso, os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con posterioridade á avaliación previa positiva da subvención por parte da consellería.
3.3. Os conceptos subvencionables, según modalidades de subvención, son os seguintes:
1º).-Modalidade A- Adquisición dun ordenador portátil ou de sobremesa, segundo as seguintes opcións, das que unicamente poderá financiarse unha por beneficiario/a.
A.- Opción 1: Ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 400,00€, Ive excluido.
Os requisitos e especificacións tecnicas que con carácter de mínimos deberá reunir o equipo subvencionable son os seguintes
- Ordenador NETBOOK.
- Pantalla 10 a 11,6” preferentemente antireflectante
- Procesador compatible x86 con prestacións como mínimo equivalentes ou superiores a un Intel atom n27 a 1,6GHz
- Memoria RAM 1GB ampliable a 2GB, ou 2Gb se carece de ranura de ampliación.
- Disco duro 160 GB ou SSD de 64 Gb no
- Wifi clase N compatible con clase G
- Lector tarxetas SD,
- Autonomía de 4 h mínima garantizadas ( según probas benchmark habituais no mercado)
- Sistema operativo preinstalado con licencia incluida:
Nesta primeira opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 280,00 €.
B).-opción 2: Ordenador portátil cun importe máximo de custo do equipamento de 650,00 € IVE excluido.
Os requisitos e especificacións tecnicas que con carácter de mínimos deberá reunir o equipo subvencionable son os seguintes
- Ordenador Portatil
- Pantalla entre 12 e 16” -
- Procesador compatible x86 ou Mac con prestacións equivalentes ou superiores a un Intel Core 2 duo serie 6000 ou superior
- Memoria RAM 4GB, ou 2GB+ ranura libre para ampliación.
- Disco duro 250 GB ou disco SSD de 64 G
- Wifi clase N compatible con clase G.
- Lector tarxetas SD
- Grabadora DVD
- Autonomía de 4 h mínima garantizadas (según probas benchmark habituais no mercado)
- Sistema operativo preinstalado con licencia incluida
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 455,00 €.
C).-Opción 3.- Ordenador de sobremesa cun importe máximo de custo do equipamento de 750,00 € Ive excluido
Para esta opción poderase optar por unha das dúas versións seguintes, segundo os requisitos e especificacións tecnicas que con carácter de mínimos deberá reunir o equipo subvencionable:
a) Ordenador sobremesa
- Caixa Semitorre
- Procesador compatible x86 ou Mac con prestacións como mínimo equivalentes ou superiores a un Intel dual core serie E4000 a 3 Ghz.
- Memoria Ram 4Gb+spots de ampliación.
- Disco duro 500 GB
- Lector de tarjetas SD
- Grabadora DVD multiformato
- Monitor 19 ou superior"
- Teclado e rato opcionalmente inalámbricos
- Sistema operativo preinstalado con licencia incluida
b) Ordenador de sobremesa categoria net top ou todo-e-un
- Procesador compatible x86 con prestacións equivalentes ou superiores a un Intel atom N270 a 1,6 GHz
- Memoria Ram 1 Gb ampliable ou 2Gb se carece de ranura de ampliación.
- Disco duro de 160 GB ou SSD de 64 GB.
- Wifi clase N compatible con clase G.
- lector tarjetas SD
- Pantalla mínimo 19” ou tactil de 18”
- Teclado e rato opcionalmente inhalámbrico
- Sistema operativo preinstalado con licencia incluida
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 525,00 €.
2º).-Modalidade B: Pack software de Xestion
Nesta modalidade de subvención, ofertanse duas opcións, podendo os solicitantes acollerse a unha ou a ambas, segúndo o detalle seguinte
A)-Opción 1:
Modulo de xestión comercial e/ou almacén + Control economico. O importe máximo do custo do equipamento será de 1.000,00 €, IVE excluido.
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 700,00 €
B)-Opción 2.
Complementaria da opción 1, recolle o soporte técnico, a implantación in situ e a formacion por importe máximo de 400,00 €, IVE excluido.
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 280,00 €
3º.-Modalidade C: Páxina Web comercial.
O importe máximo do custo do equipamento será de 1.000,00€, IVE excluido. Os elementos mínimos da páxina son
- Portada ou páxina de inicio.
- Formulario de contacto.
- Sistema de Catálogo online ou páxinas de productos ou servizos fácilmente actualizable dende o xestor, incluindo o servizo de maquetación das 2 primeiras páxinas como mínimo.
- Formación para actualización das páxinas polo xestor
- Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar
- Apartado de situación cos datos de contacto da empresa.
- Rexistro Nome de dominio.
- Outras características: A tecnología da páxina debe ser fácilmente accesible e indexable polos motores de búsqueda.
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 700,00 €.
4º.-Modalidade D.- Periféricos e outros componentes.
Nesta opción poderáse optar por unha ou varias modalidades
- Lector de código de barras.
O importe máximo do custo do equipamento será de 200,00 €, IVE excluido.
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 140,00 €
B) Caixón portamonedas.
O importe máximo do custo do equipamento será de 60,00 €, IVE excluido.
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 42,00 €
C) Impresora tickets. O importe máximo do custo do equipamento será de 230,00 €, IVE excluido.
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 161,00 €
5º). MODALIDADE E.- Pack TPV integrado.
A opción por esta modalidade é exclúinte coas modalidade A, B, C e D.
O importe máximo do custo do equipamento será de 2.142,8 €, IVE excluido.
Os requisitos mínimos do equipamento, que poderá ser modular ou compacto, son:
-CPU
-Monitor 15 a19”, preferentemente táctil
-impresora térmica tickets
-caixón portamonedas
-lector de código de barras
-Teclado e rato (excepto versións táctiles)
-Software tpv preinstalado e licencia
-Sistema operativo preinstalado e licencia
Nesta opción, a contia da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluido, o que supón un máximo de subvención de 1.500,00 €.
3.4-Entenderase como investimento subvencionable os custos en que incorra cada beneficiario/a como consecuencia da subministración por parte dalgunha das entidades colaboradoras dos equipamentos definidos nesta claúsula, co límite máximo establecido para cada modalidade, sempre que a adquisición e posterior mantemento da propiedade se realice cumprindo todos os requisitos e trámites aquí establecidos.
3.5-Estas axudas xestionadas polas entidades colaboradoras a través do presente convenio serán incompatibles con calquera outro tipo de axuda pública ou privada que poida recibir o beneficiario para a adquisición do mesmo investimento.



