Inicio de sesión

Síguenos en...

Facebook    Twitter

 

Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos

 

Consellería de Economía e Industria

 Unión Europea – FEDER

 

Beneficiarios.

Traballadores autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás determinadas categorías de autónomos do comercio retallista.

 

Plazo e lugar de solicitude:

 Dende o 26 de xuño de 2009 e manterase ata que a Xunta de Galicia esgote o orzamento de 1 millón de euros dispoñible para o ano 2009.
 

As solicitudes tramítanse exclusivamente a través das empresas colaboradoras, como a titular desta páxina web.
 

Investimentos subvencionables e non subvencionables.
 

  • Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
  • O ordenador deberá incluír o sistema operativo Linux.
  • O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en software libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
  • O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
  • No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
  • Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).

 

Intensidade da axuda.

 

  • A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante.
  • O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.

 

 

Documentación que deberán de presentar os traballadores autónomos.

 

  • Fotocopia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Fotocopia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. (Fotocopia do último TC1 pagado).
  • Tamén deberá identificar o autónomo o epígrafe do IAE no que se atopa inscrito para a súa actividade económica. Posteriormente deberá asinar unha declaración na que se responsabiliza da veracidade dos datos e autoriza á Consellería á verificación de ditos datos tributarios.

 
Solicite máis información na seguinte dirección:

 

 

Fondo europeo de desenvolvemento rexional